Vigo celebra unhas xornadas de homenaxe a Alexandre Bóveda
Os actos organizados en conmemoración do centenario de Alexandre Bóveda destinados a enxalzar a vinculación do galeguista coa cidade celebraranse na segunda quincena de xuño. A concelleira en funcións Carme Corbalán presentou as actividades que sacarán á luz aspectos descoñecidos do labor de Bóveda.
Corbalán sinalou que o programa de actividades realízase en colaboración coa Comisión pro-centenario e coa Fundación Alexandre Bóveda. Diversos persoeiros vencellados á cultura compartirán mediante conferencias e unha mesa redonda os seus coñecementos co público asistente aos actos.
O fillo do homenaxeado e vicepresidente da Fundación Xosé Luís Bóveda destacou a vinculación do seu pai con Vigo cando traballaba como funcionario da Subdelegación de Facenda e o contacto que mantiña co grupo galeguista asentado na cidade ao que el pertenceu.
Urbes como Pontevedra, A Coruña e Ourense tamén celebran este aniversario co fin de revitalizar a figura de Bóveda e as súas circunstancias.
O responsable da Comisión pro-centenario Uxío Breogán Diéguez afirmou que este programa configurouse na liña de intentar achegarlle ao maior número de persoas a figura de Bóveda.
Programa
Mércores 18 de xuño. Casa Galega da Cultura.
20:00 Apertura
20:30 Conferencia a cargo de Xosé Luís Bóveda sobre "Bóveda, apuntamentos biográficos"
Xoves 19 de xuño. Casa Galega da Cultura.
20:30 Conferencia ofrecida por Xusto Beramendi co título "O nacionalismo galego na II República"
Martes 24 de xuño. Casa Galega da Cultura.
20:30 Conferencia de Uxío Breogán Diéguez sobre "Alexandre Bóveda ou a loita polo Estatuto de Autonomía"
Presentación do libro "A asemblea de concellos de Galiza pro-estatuto"
Xoves 26 de xuño. Casa Galega da Cultura.
12:00 Mesa redonda coa presencia de Francisco Fernández del Riego, Xaime Illa Couto, Avelino Pousa Antelo e Isaac Díaz Pardo.
Venres 27 de xuño. Auditorio municipal.
20:15 Actuación musical da Coral Casablanca.