A Casa das Artes acolle unha exposición de obras de Dalí
"Os dalís de Dalí" é o título da exposición que a Fundación Caixa Galicia e a Concellería de Cultura inauguran na Casa das Artes. A exposición, realizada conxuntamente coa Fundación Gala-Salvador Dalí, con motivo do XXV aniversario da entidade financeira, mostra 50 pinturas e debuxos do pintor ampurdanés e permanecerá na cidade ata o 13 de xullo.
As obras expostas, na súa maioría, quedaron nas mans do artista ata a súa morte, e que chegaron á Fundación Gala-Salvador Dalí por diversas vías, esencialmente doazón, legado hereditario ou adquisición.
O valor desta exposición é que se trata dunha serie de pezas que o artista sempre gardou para sé, distinguindoas por un motivo ou outro do resto de obras que entregou ós seus marchantes. Algunhas das pezas formaron parte de exposicións nos máis prestixiosos museos do mundo pero outras, como as executadas en 1982 e 1983 no castillo de Púbol, trala morte de Gala, nunca sairon da sua casa en vida do artista.
Na exposición "Os dalís de Dalí" poden contemplarse obras que amosan os primeiros bosquexos impresionistas do pintor aínda adolescente, deixando paso á influencia cubista e demais tendencias que vai asimilando e superando rapidamente ata achar a súa propia voz e a súa evolución final cara a vertentes clásicas.
Descargar todas as imaxes