mércores, 11 xuñ 2003
O alcalde de Vigo en funcións, Lois Castrillo e o delegado do Consorcio da Zona Franca, Pablo Egerique, asinaron o pasado 8 de maio senllos convenios de colaboración para o desenvolvemento de 160 hectáreas de solo industrial no municipio. Nun dos convenios prevese a creación dun novo polígono empresarial nas parroquias de Matamá e Valadares. No outro recóllese a ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico.
mércores, 11 xuñ 2003
Caetano Veloso, Tamara, La Cabra Mecánica e Juanes actuarán nas festas de Vigo deste verán. Teatro, cinema, zarzuela, corais e parques infantís completan as actividades que durante un mes encherán a programación de lecer en diversos lugares da cidade cun orzamento de 960.000 euros.
mércores, 11 xuñ 2003
A colección permanente da Fundación Laxeiro, despois dun proceso de restauración integral que durou case tres anos, preséntase no terceiro andar da Casa das Artes cun novo plantexamento expositivo.
mércores, 11 xuñ 2003
Julio César González Pagés , doctor en Ciencias Históricas da Universidade da Habana, presentaba esta mañá xunto o concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe o libro titulado "Emigración de Mujeres Gallegas a Cuba: <b>Las Hijas de Galicia</b>". Trátase dunha investigación sobre a asociación "Hijas de Galicia", posiblemente a maior no mundo, de emigradas galegas e descendentes cunha cifra que sobrepasa ás 58.000 mulleres en 1960.
mércores, 11 xuñ 2003
A cuarta unidade didáctica "De igual a igual" pretende fomentar o respecto ás distintas opcións sexuais na educación dos nenos e rapaces vigueses. A concelleira de Muller e Educación en funcións, Ana Gandón, xunto a unha das autoras do documento, Beatriz Suárez Briones, presentaron o texto que será distribuído en tódolos centros de ensino do concello, públicos e privados.
mércores, 11 xuñ 2003
A Fundación Vigo en Deporte, en colaboración co Instituto Municipal dos Deportes e cos equipos de elite da cidade, pon en marcha a IV edición do Campus polideportivo Vigo 2003 que se celebrará entre o 23 e 27 de xuño para nenos de 8 a 16 anos.