Escoitar

Presentación do libro "Hijas de Galicia"

Julio César González Pagés , doctor en Ciencias Históricas da Universidade da Habana, presentaba esta mañá xunto o concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe o libro titulado "Emigración de Mujeres Gallegas a Cuba: <b>Las Hijas de Galicia</b>". Trátase dunha investigación sobre a asociación "Hijas de Galicia", posiblemente a maior no mundo, de emigradas galegas e descendentes cunha cifra que sobrepasa ás 58.000 mulleres en 1960.

mércores, 11 xuñ 2003
Esta Asociación -filla da necesidade de protexer ás galegas do estado de abandono ó que se vían sometidas a súa chegada a Cuba- xestase desde xaneiro de 1914, dentro doutra xa existente de emigrados galegos "Solidaridad Pontevedresa".

O libro ten unha estructura de introducción e tres capítulos, ademáis de contar co respaldo de anexos e fotos e ten como eixo fundamental ó accionar das mulleres dentro de "Hijas de Galicia" en orde cornolóxico. A primeira parte aborda as poucas posibilidades que tiveron as galegas dentro dos espacios públicos cubanos no século XIX e máis específicamente no Centro Galego.

O segundo capítulo centra a súa información e análise na forma na que se organizou a Asociación e como as mulleres esixiron un maior espacio, cuestionando o poder androcéntrico das Juntas e as manipulacións a que eran sometidas as súas asociadas. A parte terceira e última do libro relaciona a creación do Balneario Social e as consecuencias que tivo en relación a vellas reclamacións de fraude. Outro aspecto que se destaca é o papel que desempeñaron os medios en crear imaxes negativas sobre as galegas. De igual forma analízase a prensa de "Hijas de Galicia", a súa repercusión e o cambio que se orixina co triunfo da Revolución cubana de 1959, acontecemento co que remata o libro.