Escoitar

A programación de primavera ¿Xogas? en galego podemos remata no parque de Castrelos

O club Montañeiros Celtas organiza no parque de Castrelos actividades<br /> para achegar a xente miúda á montaña dentro do programa de dinamización do uso do idioma galego entre os máis pequenos promovido pola Concellería de Normalización lingüística. A cita será o sábado 7 de xuño ás 12:00 horas.

venres, 6 xuñ 2003
Cómo se monta unha tenda de campaña, un obradoiro de nós, cáles son os útiles para escalar ou a realización dun paso con cordas dunha árbore a outra para avanzar por ela son algunhas das actividades propostas polo club Montañeiros Celtas.

Este programa contou con 20 xornadas celebradas en lugares como a praza da Constitución, O Calvario, as ludotecas, o Marco, a praza da Independencia, o parque da Bouza ou o parque da Riouxa.