luns, 2 xuño 2003

Vigo consegue cinco bandeiras azuis

A Fundación Europea de Educación Ambiental concedeulles bandeiras azuis aos areais do Vao, Argazada, Tombo do Gato, A Punta e Canido. O esforzo do dispositivo do Goberno municipal, dos mariñeiros e voluntarios non conseguiu manter a distinción europea para a praia de Rodas, en Cíes, afectada pola marea negra.

O Concello subvenciona a Fundación Meniños

luns, 2 xuñ 2003

A Comisión de Goberno aprobou a concesión dunha axuda de 6.600 euros á Fundación Meniños para desenvolver o proxecto "Dereitos da infancia latinoamericana". O Concello de Vigo leva xa algúns anos colaborando con esta asociación que traballa para mellorar as condicións de vida dos menores nos países subdesenvolvidos de Sudamérica.

Comeza o programa teatral de Cordovani coa estrea de "A volta do parafuso"

luns, 2 xuñ 2003

O programa cultural de teatro con temática relativa á muller celébrase esta semana no auditorio municipal coa colaboración da Concellería da Muller e do Servicio de Normalización Lingüística. O martes 3 de xuño ás 21:00 estréase unha adaptación de "A volta do parafuso", de Henry James.