O Concello subvenciona a Fundación Meniños
A Comisión de Goberno aprobou a concesión dunha axuda de 6.600 euros á Fundación Meniños para desenvolver o proxecto "Dereitos da infancia latinoamericana". O Concello de Vigo leva xa algúns anos colaborando con esta asociación que traballa para mellorar as condicións de vida dos menores nos países subdesenvolvidos de Sudamérica.
O proxecto que está a realizar Meniños e no que colabora o Concello de Vigo ten como destinatarios rapaces e rapazas de Ecuador e Bolivia. No primeiro destes paises estase a colaborar na identificación de menores acollidos en institucións públicas e benéficas. A identificación dos rapaces axúdalles a incorporarse á vida social do pais. Asemade, Meniños contribúe a formar aos profesionais que se encargan de atender aos menores nos centros de acollida. En Bolivia, Meniños traballa na defensa dos dereitos de menores sen recursos económicos.
Subvencións a asociacións de carácter social
A concellería de Benestar Social comezou a conceder as subvencións correspondentes á convocatoria dirixida este ano ás asociacións de interese social. En total son 66.000 euros os que se repartirán entre os colectivos que concorreron á convocatoria.
De momento, aprobouse a concesión de subvencións para as asociacións Amencer, AS Abstemia, ASEM, Hoy por Mañana e MADRO, as únicas que presentaron toda a documentación requirida. Outros 40 colectivos terán que completar as súas solicitudes para poder acceder ás axudas.