xoves, 5 xuño 2003

Presentada a Feira Mundial de Pesca

O alcalde de Vigo en funcións, Lois Castrillo, Alfonso Paz Andrade, presidente do Comité Executivo da World Fishing Exhibition, e o conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, presentaron oficialmente a celebración desta exposición mundial que terá lugar en Vigo entre os días 17 e 21 do próximo mes de setembro.

Sesión plenaria do venres 6 de xuño

xoves, 5 xuñ 2003

A corporación en funcións prevé aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan especial de ordenación do Porto formulada pola Autoridade Portuaria de Vigo, por iniciativa do Consorcio da Zona Franca e do Concello de Vigo. A sesión será o venres 6 de xuño ás 9:00 no salón de plenos.

Ainhoa Zuazua clausura o ciclo de música Xeración 2000+3

xoves, 5 xuñ 2003

A soprano Ainhoa Zuazua acompañada ó piano de Francisco Borja darán o concerto de clausura do ciclo de música de novos intérpretes "Xeración 2000+3" que organiza a Concellería de Cultura. O concerto de carácter gratuíto comezará ás 20.30 horas do venres no auditorio do Conservatorio de Música de Vigo.

Ábrese o prazo de inscrición para participar no certame "Enxalzamento do traxe galego"

xoves, 5 xuñ 2003

A Concellería de Festas e Animación Sociocultural, en colaboración con El Corte Inglés e a Escola Municipal de Danza, organiza o "IV Enxalzamento do traxe galego" o sábado 28 de xuño do 2003. Outorgaranse premios nas categorías de traxe antigo, moderno, de cotío e especial. O prazo de presentación de solicitudes para participar finaliza o 27 de xuño.