Cordovani encárnase na "Belle Otero" para concluír o ciclo teatral con temática de muller
A Companhia Internacional de Teatro de Repertório Arte Livre pecha o programa teatral organizado pola Concellería da Muller e o Servicio de Normalización Lingüística. A cita é o venres 6 de xuño ás 21:00 no auditorio municipal da praza do Rei. O prezo é de 7 euros.
"Belle Otero, o corpo que fala" da autora galega Marga do Val poralle o punto final ao programa teatral desenvolvido durante esta semana a cargo da Companhia Internacional de Teatro de Repertório Arte Livre.
Esta obra presenta a traxectoria de Carolina Otero "A Belle Otero", desde que era a menina Agustina, violada aos dez anos, ata converterse na mulher modelo da Europa do final do século XIX. O glamour da diamantina actriz do music-hall con talento especial para ser estrela tanto na comedia como na ópera, os seus famosos amantes e amigos e as tramas que mobilizaran os 97 anos do mito galego mil veces amado son tratados nesta montaxe.
Descargar todas as imaxes