Escoitar

Ensaio da exhibición aérea da "Patrulla Águila"

A "Patrulla Ágila" do Exército do Aire realizará o venres ás 12.45 un ensaio na praia de Samil da exhibición aérea que terá lugar o domingo 8 de xuño e que organiza a Concellería de Cultura.

xoves, 5 xuñ 2003
A "Patrulla Águila" é o equipo de demostración acrobática do Exército do Aire español. Dende súa creación no ano 1985, participou en exhibicións por España, Europa e Oriente Medio, xunto con outros equipos de todo o mundo que comparten esta dedicación.

A "Patrulla Águila" realiza as súas exhibicións con 7 avións CASA C-101 Aviojet, avión bipraza de fabricación española, que pode acadar unha velocidade de 450 Kts –nudos- (835KIns/h) unha altitude de 42.000 ft-pes- (14.000 m) e unha autonomía de 7 horas.

A "Patrulla Aguila" intégrana 13 pilotos: o xefe da Patrulla, 7 pilotos titulares e 5 pilotos de reserva. Ademais destes, forman o equipo: un oficial de Intendencia, trinta e seis suboficiais mecánicos e cinco suboficiais de fotografía e vídeo e unha secretaria.

Os membros da "Patrulla Águila" desempeñan unha dobre función: por unha banda, como pilotos acrobáticos e por outra, como profesores e instructores de voo na Academia Xeral do Aire de San Javier en Murcia.