O programa ¿Xogas en galego podemos? na praza da Independencia
A Concellería de Normalización Lingüística organiza actividades infantís dentro do programa ¿Xogas? en galego podemos o venres 6 de xuño ás 18:30 na praza da Independencia co obxectivo de fomentar o uso da lingua galega entre os máis pequenos nun ambiente de lecer.
Abertal organiza xogos co paracaídas como "queixo, pan e tomate", "pombiñas de millo", "o gato e o rato" ou "o paraugas voador" e Touporroutou dará a coñecer xogos populares, adiviñas, danzas e bailes do mundo.