Escoitar

Inaugurado o Salón de Medio Ambiente

Cotogrande acolle a segunda edición do Salón Internacional de Medio Ambiente e Equipamento Municipal (SIMEM) que se celebrará ata o próximo sábado e conta coa colaboración do Concello. Á inauguración asistiron os concelleiros de Medio Ambiente, Parques e Limpeza en funcións, Amador Fernández, Henrique Vieitez e Isaura Abelairas, respectivamente.

mércores, 4 xuñ 2003
SIMEN conta coa participación de máis dun cento de firmas comerciais e o seu obxectivo é servir de escaparate para que as pequenas e medianas empresas e os organismo oficiais poidan atoparen solucións concretas as súas necesidades en materia medioambiental ou de mobiliario urbano.

A feira consolídase como un dos eventos máis importantes do medio ambiente no país e conta coa presencia de empresas relacionadas cos sectores vinculados á conservación do entorno: tratamento de augas; residuos sólidos urbanos, industriais perigosos e non perigosos; recuperación e reciclaxe, enerxías alternativas.

O salón ocupa uns 15.000 metros cadrados de superficie, e segundo a organización "preséntase como unha oportunidade para coñecer a importancia que teñen en Galicia as empresas relacionadas co medio ambiente, dedicadas fundamentalmente ó aproveitamento e reutilización dos recursos e á mellora dos espacios naturais".