Rosa Regás propón actividades para organizar no Verbum-Casa das Palabras
A escritora Rosa Regás asistiu a unha reunión do Comité de Expertos do Verbum-Casa das Palabras para traballar no programa de actividades que comezará no museo a partir de setembro. O concelleiro de Cultura en funcións, Carlos Príncipe, destacou a cifra de 50.000 visitantes no primeiro mes de apertura desta nova dotación cultural situada en Samil.
"O número de visitantes responde ao interese espertado no público e pode dividirse entre escolar, familiar e adulto", afirmou Príncipe. A metade dos que se achegaron ás instalacións son da área metropolitana de Vigo, outra parte importante procede da Coruña, Lugo, Ourense, Asturias e Castela León, mentres que o 15% das visitas da fin de semana son de portugueses.
Rosa Regás agradeceu o feito de poder formar parte do Comité de expertos dun centro museístico que integra imaxes e símbolos sobre o que esconden a palabra e a cultura.
"Desde un neno de seis anos de idade a unha persona de 80 pode entender e beber das fontes do que se lles explica na Casa das Palabras e divertirse ao mesmo tempo, polo que chegamos a un punto no que estamos empezando o verdadeiro camiño da política, que é a imaxinación no poder", sinalou Regás.
Entre as súas propostas para a celebración de actividades está diversificar o que supoñen os acenos, palabras, entonación e contidos mediante obradoiros, conferencias e reunións para poder aprender e gozar a un tempo, co fin de inducir á xente a provocar estusiasmo por saber expresarse mediante o entretemento e a diversión.
Descargar todas as imaxes