Declaración da xunta de voceiros ante o atentado de Sangüesa
Tras meses de esperanzador silencio, unha bomba volveu atronar nos nosos corazóns deixando tras de si o funesto rastro de morte co que ETA asina as súas despiadadas accións. Outra volta, as víctimas foron servidores públicos, Julian Embid e Bonifacio Martín. Para eles é hoxe o noso recordo sentido e para os seus compañeiros amigos e familiares o noso testemuño de solidariedade.
Pouco despois de que os cidadáns manifestaran nas urnas a súa vontade libre e democraticamente, ETA volveu exhibir o seu espírito totalitario cunha acción criminal. A liberdade é o inimigo a bater polos terroristas e o noso deber é defender ese dereito fundamental que tanto custou acadar. Por iso estamos hoxe aquí, expresando non só a nosa dor pola morte de dous axentes da policía e a nosa repulsa por unha infame acción terrorista, senon tamén manifestando publicamente que defenderemos os nosos dereitos e liberdades fronte a aqueles que, por medio do terror queren impoñernos a súa vontade.
A cidade de Vigo deixa sempre oir a súa voz para denunciar calquera tipo de violencia. Cando as circunstancias o fan necesario esta cidade ponse a prol das víctimas e clama pola paz. Hoxe, unha vez máis, Vigo dilles aos terroristas que xa abonda de sangue e ergue a bandeira da tolerancia, a liberdade e a convivencia en paz.
Vigo, 2 de xuño de 2003
Descargar todas as imaxes