O Concello cede equipos informáticos a dez novas asociacións
A Concellería de Participación Cidadá entregou equipos informáticos con conexión a internet a dez organizacións non lucrativas da cidade para facilitar as súas xestións, ampliar os puntos de información e ofrecerlles un mellor servicio aos asociados. Con esta nova cesión, son xa 54 os colectivos que dispoñen de ordenadores cedidos polo Concello.
A concelleira en funcións Mariló Cabaleiro sinalou que ademais da instalación dos ordenadores e impresoras, os membros dos colectivos recibirán un curso de formación informática de 40 horas de duración para a súa óptima utilización. Deste xeito, terán acceso ao portal da concellería www.cidadansvigo.org no que poden atopar documentación para a tramitación administrativa, enderezos de interese e información especializada dirixida ao contorno asociativo. Instalaráselles tamén o programa de "Xestión de asociacións" realizado en colaboración coa Universidade de Vigo.
As asociacións beneficiarias desta nova convocatoria son SCD Atlántida de Matamá, Avv Casco Vello, Asociación de mulleres Lúa, Club Sabaxáns, Asociación de mariñeiros artesanais e deportivos de Bouzas, Asociación cidadá para a prevención da violencia, Asociación española de enfermidades musculares Asem Galicia, Avv Conde de Torrecedeira, Plan comunitario de Teis, Asociación da terceira idade Rosalía de Castro.