Sesión plenaria do venres 6 de xuño
A corporación en funcións prevé aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan especial de ordenación do Porto formulada pola Autoridade Portuaria de Vigo, por iniciativa do Consorcio da Zona Franca e do Concello de Vigo. A sesión será o venres 6 de xuño ás 9:00 no salón de plenos.
O Pleno da corporación municipal tratará, entre outros asuntos, a aprobación inicial do regulamento do Consello local de accesibilidade no que están contidas as competencias, composición, funcións, réxime de sesións e adopción de acordos.
A corporación en funcións tomará coñecemento do proxecto básico para a construcción de vestiarios e posta a disposición do Instituto Galego de Vivenda e Solo dunha parcela municipal na Salgueira. O proxecto está redactado polo arquitecto Gonzalo de Pedro para executarse na finca dona Concha do barrio da Salgueira. O IGVS executará ao seu cargo as obras proxectadas, debendo comunicarlle ao Concello de Vigo o inicio e a data do remate para a entrega e posterior recepción da obra que se incorporará ao patrimonio municipal, sen que orixine ningunha obriga económica ou contraprestación ao Concello. Este acordo queda condicionado ao outorgamento pola Xerencia de Urbanismo da preceptiva licencia de obras e instalacións do proxecto presentado polo IGVS.
Prevese aprobar definitivamente o proxecto de expropiación da rúa Severino Cobas, a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens afectados polo ensanche e mellora da rúa, entre Bagunda e a zona do Lagares, de acordo co proxecto e planos elaborados pola oficina municipal de actuacións viarias. Ademais, solicitaráselle á Administración autonómica a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola expropiación.
Estímase que se aprobará, de forma definitiva, a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados polo ensanche e mellora da rúa Gandarón, entre a avenida de Madrid e a rúa Alcalde Lavadores, implícita no Pxom vixente, de acordo co proxecto e planos elaborados pola oficina municipal de actuacións viarias.
Ademais, irá a Pleno a aprobación definitiva do proxecto de expropiación da rúa Manuel Álvarez.
Prevese tamén a aprobación definitiva da modificación puntual do Plan especial do Porto tras desestimar a alegación presentada por "Voces do litoral de Teis" e introducir no artigo 29 da ordenanza 11 o seguinte parágrafo: "Deberase realizar un estudio de tráfico e accesos, anexo ao proxecto do centro comercial e aparcamentos que deberá ser supervisado e aprobado pola Concellería de Tráfico, Seguridade e Transportes". Deste xeito, a corporación prevé aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan especial de ordenación do Porto formulada pola Autoridade Portuaria de Vigo, por iniciativa do Consorcio da Zona Franca e do Concello de Vigo.