Ábrese o prazo de inscrición para participar no certame "Enxalzamento do traxe galego"
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural, en colaboración con El Corte Inglés e a Escola Municipal de Danza, organiza o "IV Enxalzamento do traxe galego" o sábado 28 de xuño do 2003. Outorgaranse premios nas categorías de traxe antigo, moderno, de cotío e especial. O prazo de presentación de solicitudes para participar finaliza o 27 de xuño.
Poderán participar neste evento cantas persoas o desexen; para tomar parte no concurso e optar ós premios deberán cubrir a solicitude de inscrición que poderán recoller e presentar persoalmente ou ben por fax na Concellería de Festas e Animación Sociocultural (Casa do Concello, 1º andar, teléfono 986.81. 02. 21; fax 986.22.16.66.)
Tódolos traxes feitos na actualidade deberanse inscribir como traxe moderno, e será imprescindible que garden o canon do traxe antigo. Pola súa banda, os traxes antigos deberanse presentar como tales, con referencia detallada ós seus antecedentes e procedencia.
Calquera que sexa o traxe, antigo ou moderno, os seus adornos haberán de ser de cristal, acibeche ou cera vidrada, os agremáns ou pasamanerías de fío, seda ou algodón, e no seu feitío axeitaranse ós patróns tradicionais.
Será condición imprescindible que tódalas pezas que compoñen o traxe en exhibición formen un conxunto completo e homoxéneo. Non poderán combinarse pezas de distinta comarca.
O xurado, no momento da súa deliberación, terá moi en conta a calidade e autenticidade do traxe e de cada unha das pezas que o compoñen e mailos restantes elementos da indumentaria, incluídos calzado, adobíos, peiteado...