Escoitar

Presentada a Feira Mundial de Pesca

O alcalde de Vigo en funcións, Lois Castrillo, Alfonso Paz Andrade, presidente do Comité Executivo da World Fishing Exhibition, e o conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, presentaron oficialmente a celebración desta exposición mundial que terá lugar en Vigo entre os días 17 e 21 do próximo mes de setembro.

xoves, 5 xuñ 2003
1054816483world1.jpg
Reunión de traballo do comité executivo
A World Fishing Exhibition converterá a Vigo nun punto de encontro da industria pesqueira internacional. Esta nova convocatoria, a quinta que ten como escenario ao primeiro porto de pesca de Europa, é unha oportunidade única para coñecer a resposta que están dando as empresas do sector ós retos que aborda o desenvolvemento desta actividade no século XXI.

Ata hoxe 700 empresas de 50 países confirmaron a súa participación na feira. Tamén un total de trece países contarán con pavillóns que agruparán as empresas máis significativas da súa industria pesqueira nacional. Entre os pavillóns institucionais destacan os da consellería de Pesca da Xunta, a Junta de Andalucia, FROM, FAO, Dirección Xeral de Pesca da UE, Agencia Española de Cooperación Internacional e a Asocioación de Industrias Marítimas de Euskadi. A organización espera máis visitantes que nunca. Segundo as súas previsións, máis de 60.000 profesionais de 115 paises visitarán a World Fishing Exhibition.

Para Lois Castrillo que "Vigo acolla a Feira é unha oportunidade de transmitir internacionalmente a imaxe dunha cidade que soubo aproveitar a súa tradición pesqueira e as excelentes condicións do seu porto para desenvolver un potente, moderno e diverso sector económico que vai desde a construcción naval á industria da transformación pesqueira, pasando por empresas que se ocupan da fabricación de todo tipo de maquinaria para a pesca e elaboración dos productos mariños. A Feira, engade o alcalde, permítenos divulgar ese potencial da cidade e ó mesmo tempo demostrar que Vigo é hoxe unha urbe de referencia na fachada atlántica europea no só no ámbito pesqueiro".

Pola súa banda o presidente do Comité Executivo da Exposición, Alfonso Paz Andrae, manifestou que "VIGO 2003 preséntase como unha excelente oportunidade para proxectar internacionalmente a imaxe dunha Galicia recuperada da catástrofe do "Prestige" e sobre todo, a das empresasa pesqueiras galegas que continúan a lidera-la industria pesqueira internacional".
Descargar todas as imaxes