Concedida licencia a unha cooperativa de vivendas para construír en Navia
O Consello da Xerencia de Urbanismo concedeu a licencia a un grupo de cooperativistas para a construcción de vivendas de protección oficial no polígono de Navia. Os beneficiarios son Vecinos de Vigo Sociedad Cooperativa de Viviendas e Porta do Atlántico Sociedade Cooperativa Galega de Vivendas.
Estas sociedades construirán 288 vivendas en rexime de protección, obra que ten un presuposto de 13.300.746 euros. A licencia outorgada polo Concello permite a construcción de 3 sotos con destino a garaxe, baixos comerciais, un entrechán dedicado a oficinas e tres bloques de 12 alturas cada un. Baixo a cuberta faranse fallados que darán servicio ás vivendas.
Aprobado o proxecto de urbanización de Manuel Álvarez
O Consello da Xerencia aprobou de forma definitiva o proxecto de urbanización da rúa Manuel Álvarez. O custo desta obra estímase en 3.843.441 euros, que deberán ser financiados pola Consellería de Política Territorial en cumprimento do convenio sobre infraestructuras asinado pola Xunta co Concello de Vigo.
O proxecto prevé a transformación desta estrada, que une Ramón Nieto coa vella estrada de Madrid, nun vial urbano con todos os servicios. Manuel Álvarez, unha rúa de máis dun quilómetro de lonxitude, ampliarase ata os 7 metros de calzada, disporá dunha banda de aparcamento de 2 metros de ancho e de beirarrúas de 2,5 metros. Asemade dotarase o vial de alumeado público, dunha rede de recollida de augas pluviais e de conduccións de cabo e gas. O proxecto inclúe a ampliación dunha ponte sobre o río Lagares.