Escoitar

Reunión da Comisión de Goberno

A Comisión de Goberno reunirase o luns en sesión ordinaria a partir das nove da mañá, coa seguinte orde do día:

venres, 6 xuñ 2003
1.- Acta da sesión ordinaria do 26 de maio de 2002.

BENESTAR SOCIAL
2.- Prestación do Servicio de Axuda no Fogar:
a) Alta expedientes: 12.012.543, 11.030.559, 12.030.508 e 12.002.691 de 301.
b) Baixa expedientes: 41.000.350 e 13.009.628 de 301.

3.- Concesión das subvencións correspondentes á convocatoria de subvencións ás asociacións de interese social para o ano 2003. Expte. 10380/301.

4.- Concesión das subvencións correspondentes á convocatoria de subvencións ás asociacións de maiores para o ano 2003. Expte. 10367/301.

5.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo departamento de Benestar Social durante os meses de abril e maio de 2003.

DEPORTES
6.- Solicitude de autorización da Sociedade Deportiva Atletismo San Miguel de Oia para realizar o XXVI Trofeo Campo a Través San Miguel de Oia. Expte. 3699/333/03.

7.- Solicitude de autorización do Club Ciclista Meixoeiro para realizar o XV Gran Premio Ciclista Meixoeiro o día 21.06.03. Expte. 3700/333/03.

EMPREGO
8.- Ratificación de actuacións e autorización de gasto para a realización do I Premio Salón do Emprendedor do Atlántico e Inicitiva Empresarial. Expte. 1653/077.

9.- Procedemento de concesión de becas ás participantes do Programa de actuación do Proxecto Abeiro. Expte. 1710/77.

ESTATÍSTICA
10.- Proposta de aboamento en concepto de productividade por tarefas das eleccións municipais de 25.05.03. Expte. 123/234.

FESTAS E ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL
11.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo departamento de Festas e Animación Sociocultural durante o mes de maio de 2003. Expte. 444/335.

INVESTIMENTOS
12.- Dar conta do grao de cumprimento da UTE SERAGUA FCC con respecto ós compromisos asumidos coa Admón. Municipal en execución do acordo plenario de data 25.03.02. Expte. 37783/250/03.

13.- Proxecto complementario da ampliación do saneamento da parroquia de Cabral. Expte. 100.041/140.

INTERVENCIÓN
14.- Gastos de locomoción do persoal municipal para incluir na nómina do mes de xuño.

15.- Xustificantes de libramentos.

MEDIO AMBIENTE
16.- Proposta sobre liquidación e mantemento das obras correspondentes ó Proxecto de Construcción da segunda fase do vertedoiro do Zondal.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
17.- Prórroga do convenio de colaboración coa Asociación de Veciños de Teis para o uso e realización de actividades no Centro Cívico de Teis. Expte. 1847/320.

18.- Adxudicación do aluger de equipos informáticos para equipamento dos programas de Fomento de Emprego e voluntarios por Vigo e equipamento de asociacións. Expte. 196/321/03.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
19.- Proposta de acordo sobre a recepción dos traballos realizados por Soloplan S.L. en relación coa revisión do Inventario municipal. Expte. 14369/240.

20.- Expediente de contratación das obras do proxecto de instalación dun sistema de evacuación mediante escaleira exterior no edificio da Casa do Concello de Vigo. Expte. 10042/444.

21.- Adxudicación da subministración dun vehículo todoterreo para o departamento de Vías e Obras. Expte. 1052/445.

22.- Adxudicación da subministración dun vehículo para o departamento de Extinción de Incendios. Expte. 1050/445.

PATRIMONIO HISTÓRICO
23.- Modificación do convenio coa Universidade de Vigo para a "Investigación e musealización da Villa Romana de Toralla". Expte. 1496/307.

PERSOAL
24.- Asignación de complemento de productividade a Dª María Dolores Bernández Fernández, inspectora auxiliar de Sanidade. Expte. 13970/220.

SEGURIDADE
25.- Solicitude da Asociación Cultural de Festas de Sampaio para a celebración das Festas Patronais de Sampaio os días 28 e 29 de xuño de 2003.

26.- Solicitude do secretario da Agrupación da Comisión de Festas de Vigo para a celebración de diversas festas parroquiais en Vigo. Expete. 68658/210.

27.- Rogos e preguntas.