Escoitar

Mocións aprobadas polo pleno

A corporación acordou promover o mellor funcionamento do servicio de limpeza de edificios catalogados, inmobles de valor aínda que non teñan tal consideración e todas as pezas do noso patrimonio. Ademais de establecer a vixilancia necesaria e unha disciplina de sancións que inclúa maior cantidade para as pintadas, pegada de carteis e outros danos nestes inmobles e outras pezas de interese, se disporá a elaboración dun protocolo para facer o seguimento axeitado de cómo evoluciona a situación deses elementos co propósito de limpar, reparar ou ordenar reparar e todo o que sexa necesario para o seu correcto mantemento.

venres, 6 xuñ 2003
Acordouse realizar polos servicios técnicos do Concello un estudio sobre a subsanación dos defectos físicos de construcción observados nos baños dos 11 andares do Concello, referidos á eliminación das barreiras arquitectónicas do acceso aos baños como son os chanzos de 15 a 20 cm existentes.

Seguindo as recomendacións dos servicios técnicos do Concello, daráselle prioridade a algúns dos baños localizados en todo o edificio como sería a planta baixa, a primeira planta, e en xeral aquelas nas que os servicios técnicos detecten que existe maior afluencia de cidadáns ao Concello.


Estas obras de acondicionamento para a eliminacion das barreiras arquitectónicas antes referidas, pódense realizar nos meses de xullo e agosto, período que pode non causar molestias aos cidadáns que se acheguen ao Concello.

Alta velocidade
Acordouse tamén propoñerlle ao Ministerio de Fomento e á Xunta de Galicia que o trazado da Alta Velocidade en relación a Vigo se faga con dous criterios:

1.- A indeclinable contemplación da chamada saída sur que convertería a Vigo nunha estación de paso.

2.- Que o trazado para enlazar con Ourense se faga vía Pontevedra, Cerdedo e Carballiño, xa que é a mellor solución para Vigo, para Pontevedra e mais para o sur da provincia, tanto por tempos de viaxe, como por rendibilidade (permite captar máis pasaxeiros, e ademais é o máis económico).