Normalización Lingüística
O Concello amplía ás escolas infantís as actividades para normalizar o uso do galego
martes, 12 nov 2013A edil de Normalización Lingüística, Isaura Abelairas, explicou este martes que o goberno local programa tamén actividades para nenos de cero a tres anos. "Pretendemos que, dunha forma totalmente natural, o noso idioma sexa utilizado en todos os ámbitos", asegurou Abelairas, polo que as propostas municipais se extenden dos centros educativos ás bibliotecas, museos e incluso cafeterías.
Balaídos, escenario da campaña "Gústame o galego de primeira"
venres, 8 nov 2013O Concello, a Universidade de Vigo, a Fundación Celta e o Real Club Celta están a desenvolver a campaña de dinamización da lingua galega " Gústame o galego de primeira". Para demostrar ese apoio, o sábado, 9 de novembro, en Balaídos farase o fotocol da campaña, entre Marcador e Tribuna estará todo disposto para darlle o apoio a lingua galega. Dende as 19.00 h e até o comezo do partido (22.00 h).
Xogadores e técnicos do Celta promoven o uso do galego nunha campaña conxunta co Concello
mércores, 23 out 2013O alcalde e o presidente do Real Club Celta de Vigo asinaron o acordo de cesión dos dereitos de imaxe do cadro técnico e xogadores do equipo celeste para a iniciativa "Gústame o galego de primeira", en colaboración coa Universidade de Vigo.
O Concello crea o Centro Municipal de Interpretación da Oralidade en galego
mércores, 25 set 2013Isaura Abelairas presentou o Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo para recuperar, poñer en valor e transmitir o patrimonio inmaterial das tradicións orais galegas. A actividade arrancará o próximo 2 de outubro no Instituto Municipal de Educación e a partir de aí terá lugar todos os mércores entre as 18,00 e as 20,00 horas nas mesmas instalacións.
Xornadas de toponimia
mércores, 5 xuñ 2013A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo e a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello, coa colaboración da Comunidade de Montes de Zamáns, a Asociación Veciñal San Mamede de Zamáns e o Instituto de Estudos Miñoranos organizan unhas s xornadas sobre toponimia os días 7 e 8 de xuño no Verbum e Zamáns.
O Concello achega a tradición oral galega a todos os públicos con narracións por todo Vigo
martes, 28 mai 2013A concelleira de Normalización Lingüística, Isaura Abelairas, presentou este martes "Un Verán de Conto", unha proposta municipal que levará -durante os meses de xuño e xullo- as lendas e contos populares a diferentes tipos de públicos, en distintas zonas de Vigo, a través de grandes narradores.
Actos en torno ás Letras Galegas no MARCO
luns, 27 mai 2013Mañá martes 28 de maio e o mércores 29, o salón de actos do MARCO acollerá dous actos relacionados coa celebración do Día das Letras Galegas: a proxección dun documental de Gonzalo Enríquez Veloso sobre Roberto Vidal Bolaño, e unha conferencia-coloquio en torno ás figuras de Rosalía de Castro e Vidal Bolaño, que estará a cargo de Uxía Blanco e Xavier Castro. Neste caso, a conferencia está organizada dende o Servizo De Normalización Lingüística do Concello de Vigo, no contexto das actividades programadas ao redor do Día das Letras Galegas.
O Concello edita 14.000 exemplares de "Cantares Gallegos" de Rosalía para repartir entre o alumnado de Secundaria
xoves, 16 mai 2013Abel Caballero indicou este xoves que o goberno local ven de editar unha tirada de 7.000 exemplares para o seu reparto entre o alumnado de Secundaria dos centros públicos da cidade e fará o mesmo cos estudantes dos concertados. O alcalde visitou hoxe o IES Castelao, que celebran o Día das Letras Galegas e o 150 aniversario da publicación en Vigo da obra de Rosalía de Castro.
Caballero anima aos escolares a usar o galego na saída da edición de 2013 do Correlingua
mércores, 15 mai 2013O alcalde de Vigo, xunto a distintos membros da Corporación Municipal, participaron este mércores na saída da décimo terceira edición do Correlingua, que reuníu na Praza do Rei a uns 1.500 alumnos e alumnas que partiron ata o parque de Castrelos. Caballero animounos a empregar o galego como "a chave do mundo", o lema de 2013.