Obradoiros de regueifas para ao alumnado de ESO e BAC

martes, 18 feb 2014

Dende o martes 18 e até o 19 de marzo Luís O Caruncho e Pinto d'Herbón impartirán obradoiros de regueifas dirixidos ao alumnado de ESO e BAC. Dende o ano 2003 a Concellería de Normalización Lingüística e o Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo organizan estes obradoiros e posterior certame escolar de regueifas, xunto coa asociación ORAL de Galicia.

O Concello amplía ás escolas infantís as actividades para normalizar o uso do galego

martes, 12 nov 2013

A edil de Normalización Lingüística, Isaura Abelairas, explicou este martes que o goberno local programa tamén actividades para nenos de cero a tres anos. "Pretendemos que, dunha forma totalmente natural, o noso idioma sexa utilizado en todos os ámbitos", asegurou Abelairas, polo que as propostas municipais se extenden dos centros educativos ás bibliotecas, museos e incluso cafeterías.

Balaídos, escenario da campaña "Gústame o galego de primeira"

venres, 8 nov 2013

O Concello, a Universidade de Vigo, a Fundación Celta e o Real Club Celta están a desenvolver a campaña de dinamización da lingua galega " Gústame o galego de primeira". Para demostrar ese apoio, o sábado, 9 de novembro, en Balaídos farase o fotocol da campaña, entre Marcador e Tribuna estará todo disposto para darlle o apoio a lingua galega. Dende as 19.00 h e até o comezo do partido (22.00 h).