Escoitar

Obradoiros infantís de Nadal no MARCO

A Concellaría de Normalización en colaboración co MARCO organiza os días 26,27 de decembro, 2 e 3 de xaneiro obradoiros infantís de Nadal para menores a partir de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas, en horario de 12.00 a 14.00. <br />

xoves, 26 dec 2013
1388052730nadalmarco.jpg
‘Ríos que falan’ / Marta Álvarez e Beatriz Varandas XOVES 26 decembro
A partir de elementos básicos na creación plástica, elementos naturais, e materiais de uso cotiá, recreamos un río moi especial… un río que fala dos animais que o habitan, da flora que lles da vida, da súa morfoloxía, e tamén de toda a cultura e o patrimonio que teñen asociados: muíños, presas,
tradicións, contos e lendas. Un achegamento aos ríos como realidade natural, ecolóxica e cultural.

‘Buscando unha estrela’ / María Soliño VENRES 27 decembro
A partir da letra dunha cantiga do mesmo nome, a actividade céntrase na historia dunha estreliña perdida no Nadal que vai buscando a un neniño que ten que alumear. Xogamos co texto e as imaxes para crear os nosos propios contos ilustrados de Nadal.

‘Contos afundidos no mar’/ Trini Puentes XOVES 2 xaneiro
Tras atopar na praia unha botella cunha mensaxe no seu interior, saberemos das historias sobre o mar que alí se recollían. Historias contadas que nos permitirán coñecer mellor a nosa contorna, e que terán o seu reflexo nos obxectos creados por cada participante.

‘O teatriño’ / María Soliño VENRES 3 xaneiro
Esta actividade é unha adaptación dunha lenda popular, que leva por título ‘A serpe do Castro da Troca’.O obxectivo é achegar aos máis pequenos o interese polo teatro, coñecendo ao mesmo tempo unha
pequena parte do vocabulario que pode ofrecer unha lenda popular galega. Durante este obradoiro creamos os personaxes, repartimos os papeis, e ensaiamos para lograr unha gran representación!
Descargar todas as imaxes