xoves, 23 dec 2021
O goberno de Vigo licita o contrato por dez anos e un orzamento de case 422 millóns de euros. O Concello busca que no 2025 a reciclaxe sexa o 50% do residuo total (actualmente supón o 14%) e, para conseguilo, ampliará e renovará os contedores e cambiará a flota de vehículos. Abel Caballero garantiu o mantemento do emprego, que oscila entre os 630 e os 770 traballadores.
mércores, 24 nov 2021
O rexedor informou en rolda de prensa que beneficiaronse máis de 500 locais das accións do Goberno en colaboración con Ecovidrio e que ampliarase o servizo “porta a porta” aos establecementos de Bouzas, Príncipe, Churruca e a Praza do Pobo Galego en Doutor Cadaval.
venres, 5 nov 2021
Abel Caballero agradeceu en rolda de prensa as doazóns que a cidadanía fixo ao reciclar as súas latas e botellas de plástico de bebidas a través deste Sistema de Devolución e Recompensa, que permitirán as tres organizacións levar a cabo diversos proxectos de carácter social na cidade de Vigo. Os puntos obtidos agora servirán de axuda para a Asociación Down Vigo e aos afectados polo volcán de La Palma
luns, 20 set 2021
Este luns, no farol de Urzáiz, o alcalde visitou a campaña de promoción deste programa co que os cidadáns ao reciclar obteñen puntos, chamados Reciclos, que poden cambiar por recompensas ou doalos a un obxectivo social. Vigo xa cubriu o primeiro, en beneficio de APAMP, e agora promove a colaboración coa Asociación Galega San Francisco.
luns, 26 xul 2021
Anunciouno este luns o alcalde, quen explicou que os contedores se retirarán durante o día da zona histórica de vila, seguindo o modelo do Casco Vello vigués, para “mellorar, no sentido da atención, da estética, e para evitar o lixo na rúa”. Caballero asegurou que se informará aos veciños e á hostalería boucense.
venres, 2 xul 2021
Abel Caballero participou este venres na entrega de premios do taller de reciclaxe organizado polo suplemento Xornal Escolar de Atlántico Diario no que estudantes de Primaria aprenderon a importancia da reciclaxe e da reutilización dos elementos da vida cotiá. O alcalde animounos a seguir traballando na protección do medio ambiente e felicitou ao director do xornal, Julio Rodríguez, polo desenvolvemento deste programa no que colabora FCC.
venres, 11 xuñ 2021
O Concello foi premiado pola redución de gases de efecto invernadoiro coa incorporación de varredoras cero emisións. Tamén polo servizo de limpeza de praias coa maquinaria 100% eléctrica.
venres, 23 abr 2021
O alcalde comunicou a decisión de prorrogar un ano o contrato de limpeza dos centros públicos de Infantil e Primaria e das escolas infantís municipais, que inclúe medio millón de euros para facer fronte ao protocolo contra o Covid. “A Xunta está recibindo inxentes recursos de Europa para pagar este gasto e o Concello recibe cero da Xunta para desinfección”, denunciou Caballero.
xoves, 25 mar 2021
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves o primeiro trámite para aprobar a ordenanza municipal que regulará as condicións de circulación de vehículos de mobilidade persoal nas vías urbanas da cidade.
luns, 22 feb 2021
Dous equipos de limpeza con cinco operarios iniciaron xa un plan especial de eliminación de pintadas en Vigo. O alcalde advertiu de que o Concello tamén mobilizará a policías de paisano e comezará a sancionar ás persoas que realicen grafittis.