O Concello elimina o verdín das rúas cun sistema de limpeza ecolóxicamente sostible
O Concello activa un dispositivo especial para eliminar o verdín que prolifera nas zonas máis sombrías da cidade, como beirarrúas, ramplas ou escaleiras públicas, como consecuencia da elevada humidade e das intensas choivas dos últimos meses. Así o avanzou hoxe o alcalde ao anticipar o emprego de solucións sostibles.

Abel Caballero anunciou este luns que o Concello pon en marcha un sistema de última xeración para evitar o perigo de caídas que representa a presenza de verdello nas rúas. “Imos eliminalo con limpeza ecoloxicamente sostible porque en lugar de produtos químicos imos usar auga a 120 graos de temperatura que co choque térmico permitirá eliminar o verdín nas vías públicas”, segundo detallou o rexedor. Utilízanse deshidratadoras con vapor a alta presión
O alcalde destacou que 8 escobas de platino avalan o recoñecemento de Vigo como a cidade máis limpa de España, así como que 637 persoas traballan no mantemento da limpeza e que este servizo conta cunha frota de 159 vehículos.