Facenda confirma ao Concello que as axudas de libros no tributan en renda
A delegada da Axencia Tributaria en Vigo informou ao tesoureiro do Concello que as axudas concedidas polo Concello para comprar libros de texto non tributan en renda. Así o anunciou este venres o alcalde.

"Estamos autorizados a dicir que as axudas de libros non tributan en renda", recalcou Abel Caballero ao recomendar a todos os beneficiarios estar "tranquilos".
O alcalde avanzou que o Concello realizará un traballo administrativo con Facenda, "pero as axudas de libros, segundo Facenda, non tributan en renda".