O rexedor felicita aos dous axentes que salvaron a vida a un cidadán
Caballero recibiu este venres a Antonio Malga e José Rubén Gil, os policías locais que atenderon na rúa a un mozo de 35 anos que sufriu unha parada cardiorrespiratoria. Os axentes trasladáronlle os detalles da actuación sanitaria que realizaron, na que usaron un desfibrilador e coa que conseguiron salvar a vida deste vigués que se atopaba facendo deporte na rúa. O rexedor felicitounos e agradeceulles, no nome da cidade, o traballo desenvolvido.
![Foto do encontro do alcalde e a concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez, cos axentes e co Intendente da Policía Local](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/guqHwSkXPtkqelG7rRUneOV2SXxJDPB6t7MQOXAx.jpeg)