Escoitar

O Concello facilita dúas parcelas para aparcamiento ao Centro Cultural Becerreira-Cabral

O alcalde anunciou hoxe que a Xerencia de Urbanismo iniciará a semana que vén o procedemento para alugar dúas parcelas situadas na contorna do Centro Cultural e Recreativo Becerreira-Cabral coa finalidade de adaptalas como aparcamento.

venres, 5 abr 2024

Abel Caballero avanzou este venres que o acordo a adoptar a próxima semana pola Xerencia de Urbanismo dá resposta á demanda do Centro Cultural e Recreativo Becerreira-Cabral, que conta cun número crecente de usuarios e que necesita contar cun espazo máis amplo para facilitar o aparcamento de vehículos.

O alcalde recalcou que “o centro de Becerreira-Cabral move moita xente e necesita aparcamento. Neste momento están a aparcar na estrada e non é nin conveniente nin seguro e, por tanto, o Concello vai facer un aparcamento para que esta asociación poida seguir facendo o seu traballo cunha zona de estacionamento que facilite a asistencia”.

As dúas parcelas a arrendar polo Concello contan cunha superficie total de 1.523 metros cadrados, segundo explicou o rexedor ao avanzar que o contrato terá unha vixencia de 10 anos e poderase prorrogar de forma tácita polo mesmo período de tempo se ningunha das dúas partes o denuncia de forma explícita.

Descargar todas as imaxes