martes, 9 abril 2024

O alcalde confirma que o Concello reforzará a cooperación con Asime

martes, 9 abr 2024

O alcalde trasladou a Enrique Mallón, responsable de Asime, a vocación municipal de seguir a cooperar coa organización de Mindtech, á que o Concello adicou 55.000 euros en 2023. Ademais de felicitar a esta entidade polo traballo que desenvolve, Caballero avanzou apoio para establecer un centro de desenvolvemento tecnolóxico para traballos moi especializados.

Case 1.000 estudantes reciben o seu diploma polo "Vigo en Inglés"

martes, 9 abr 2024

Abel Caballero entregou os diplomas do programa municipal Vigo en Inglés ao alumnado becado este ano polo Concello e que realizaron a súa estancia en Reino Unido e Irlanda. Os programas educativos de inmersión lingüística do Concello de Vigo posibilitaron a participación de preto de 10.000 alumnos/as da nosa cidade nos últimos dezaseis anos. Os 925 rapaces e rapazas, que súmanse aos seus predecesores nesta viaxe de estudos, recibiron acompañados das súas familias e amigos o seu diploma nun acto no Auditorio Mar de Vigo. As prazas do programa municipal “Vigo en Inglés” inclúen o importe da matrícula no programa lectivo e o material necesario para completalo, así como os custos de aloxamento en familias anfitrioas en réxime de pensión completa, monitores/as con acreditada competencia lingüística en inglés, gastos derivados da organización de actividades extraescolares e lecer e visitas didácticas a centros de interese do país de acollida (desenvolvidas en inglés e guiadas por monitores bilingüe), curso intensivo de lingua inglesa, importe das viaxes de ida de volta, transporte urbano ata o centro de ensino de integración asignado, e seguros de viaxe e responsabilidade civil.