Os Harlem Globetrotters volven a Vigo
Abel Caballero anunciou esta mañá que nos seu “World Tour de 2024” xogarán en As Travesas o domingo 12 de maio, ás 19:00 horas.

Os míticos Harlem Globetrotters regresarán a Vigo no 2024, para volver a deleitar coa súa “mestura de baloncesto e espectáculo”, como indicou o rexedor.
Os Globetrotters son un equipo de baloncesto de exhibición dos Estados Unidos, nacido no ano 1926. Nos seus eventos combinan a promoción do baloncesto co entretemento e os espectaculares malabarismos, utilizados no desenrolo de cada un dos seus partidos, que seguen enchendo polideportivos e captando ao público infantil e familiar. Caballero destacou que “dende a súa creación xogaron máis de 26.000 partidos en 124 países”, xogando na nosa cidade “en 8 ocasións anteriores: 1957, 1969, 1981, 1987, 1990, 1999, 2004 e 2022”.
Acompañado de Nicolás Renna, CEO Proactiv, e Salomé Lorenzo, directora de Promoción de Xquatro, o alcalde olívico desvelou que As Travesas albergará un novo encontro dos estadounidenses. Terá lugar o domingo 12 de maio, ás 19:00 horas, enfrontándose os Washington Generals, que intentarán gañarlles por primeira vez dende 1971.

