luns, 6 abr 2020
Abel Caballero acordouno co bispo e o Concello aloxará no edificio da Avenida de Madrid aos enfermos que derive o SERGAS e carezan de lugar onde pasar o confinamento, de inicio con 16 habituais individuais con baño. Ademais, o goberno de Vigo conta con outras seis vacantes para eventuais positivos entre os 140 “sen teito” acollidos nos albergues, pensións e pavillón do Berbés.
venres, 3 abr 2020
Os catorce equipos que se encargan da limpeza de dependencias e vía pública traballan en quendas de mañá, tarde e noite. O alcalde puxo cifra á desinfección que realizan os profesionais cada noite con vehículos equipados con canóns: 50 quilómetros de rúas.
mércores, 1 abr 2020
O alcalde apunta que a rúa é un espazo público onde “queremos manter a hixiene especialmente coidada”. O operativo de limpeza e desinfección municipal conta con 14 equipos en quendas de mañá, tarde e noite abranguendo toda a cidade.
martes, 31 mar 2020
É un “esforzo extraordinario” municipal que chega tamén a todas as parroquias, segundo explicou este martes Abel Caballero. O persoal opera con cisternas, sulfatadoras e canóns, con especial atención aos albergues, establecementos de alimentación e centros de saúde.
luns, 30 mar 2020
Segundo os datos ofrecidos este luns polo alcalde, 94 persoas foron denunciadas esta fin de semana pola Policía Local por incumprir o Real Decreto de estado de alarma, elevando o total aos 463. Ademais, os Bombeiros desinfectaron as inmediacións dos centros de saúde.
venres, 27 mar 2020
O alcalde advirte que esta fin de semana haberá controis para os vehículos que entran e saen da cidade e pide cautela á cidadanía e respecto ao decreto de alarma para protexer a saúde propia e a dos demais.
xoves, 26 mar 2020
Abel Caballero lembrou este xoves o ofrecemento de Contenur, que xa está fabricando colectores específicos para Fátima e Povisa, á espera de que o Sergas estude a proposta municipal. Namentres, os bombeiros incorpóranse ao dispositivo de desinfección das rúas dedicados especialmente a zonas hospitalarias e sanitarias.
martes, 24 mar 2020
O alcalde lembra a importancia de deixar as bolsas cos residuos no interior dos colectores para evitar riscos, especialmente nestes momentos, e recorda que o Concello extrema a diario a atención á limpeza e desinfección das rúas.
luns, 23 mar 2020
O alcalde deu conta desta medida adicional e anunciou que os bombeiros van incorporarse ás tarefas de desinfección. Amais, o goberno municipal enviará colectores especiais aos hospitais doados pola empresa Contenur.
xoves, 12 mar 2020
Abel Cabellero deu conta esta mañá de novas medidas de contención do coronavirus que están organizadas desde un comité de seguimento permanente presidido polo propio alcalde. O Concello cancela todas as actividades e programación de todos os departamentos municipais que non sexan imprescindibles.