Escoitar

Caballero: “Quero amosar o noso orgullo pola sétima Vasoira de Platino consecutiva”

O Concello foi premiado pola redución de gases de efecto invernadoiro coa incorporación de varredoras cero emisións. Tamén polo servizo de limpeza de praias coa maquinaria 100% eléctrica.

venres, 11 xuñ 2021

Vigo volveu a ser recoñecida por sétima vez consecutiva como a primeira cidade máis limpa dentro da súa categoría. A Asociación Técnica para la Gestión de Residuos y Medio Ambiente, Ategrus, outorgou a Vasoira de Platino á cidade pola redución de gases de efecto invernadoiro pola incorporación de varredoras cero emisións e facer o servizo de limpeza de praias coa maquinaria 100% eléctrica.

O alcalde sinalou que Vigo “está á cabeza na loita contra el cambio climático. Non queremos nin un gramo de contaminación. Temos a Vasoira de Platino por limpeza e coidado do medio ambiente”. Ademais, Caballero resaltou a mellora do servizo de limpeza desde que chegou á Alcaldía cos recoñecementos da máxima categoría nos anos 2008, 2010, 2012, 2014, 2016, 2018 e agora no 2021.

Nun acto cos traballadores do servizo de limpeza da cidade, o rexedor recoñeceu que a Vasoira de Platino “é un premio colectivo tamén grazas á cooperación da xente”.

Por outra banda, coincidindo coa semana do medio ambiente e os océanos, Caballero anunciou que vai presentar a Candidatura Illas Cíes á Patrimonio da Humanidade á lista indicativa para optar ao recoñecemento da Unesco: “Está avalada polo libro firmado por investigadores das universidades galegas, o Instituto Oceanográfico de Vigo, o CSIC, investigadores concretos e persoas que levaron outras illas a patrimonio da humanidade.”

Descargar todas as imaxes