Escoitar

O Concello entrega gratis 1.000 compostadores para o tratamento domiciliario dos biorresiduos

Abel Caballero explicou hoxe que o Concello entregou a 1.000 familias viguesas, de forma gratuíta, outros tantos compostadores de residuos para seren utilizados nas súas vivendas unifamiliares ou tradicionais. “Vigo segue liderando as listaxes das cidades máis limpas de España, con 8 escobas de platino”, remarcou o rexedor.

mércores, 17 abr 2024

O Concello de Vigo entregou a maior parte dos compostadores demandados polos propietarios de vivendas unifamiliares, xa que nestes momentos os técnicos de limpeza instalaron un total de 1.000 equipos coas súas correspondentes instrucións e asesoría. Así o comunicou este mércores o alcalde.

O rexedor destacou que o Concello, ademais de proporcionar, sen custo, os equipos para elaborar compost coa materia orgánica tamén colabora co traballo de formación no uso dos compostadores que presta persoal especializado.

A cidade conta neste momento cun servizo de limpeza integrado por un persoal de 637 operarios, así como cunha frota de 159 vehículos, que manteñen a Vigo entre as urbes máis limpas.

Descargar todas as imaxes