mércores, 17 abr 2024
Abel Caballero explicou hoxe que o Concello entregou a 1.000 familias viguesas, de forma gratuíta, outros tantos compostadores de residuos para seren utilizados nas súas vivendas unifamiliares ou tradicionais. “Vigo segue liderando as listaxes das cidades máis limpas de España, con 8 escobas de platino”, remarcou o rexedor.
mércores, 17 abr 2024
O Goberno vén de aprobar a modificación puntual do Plan de Desenvolvemento da Rede de Transporte de Enerxía Eléctrica no horizonte 2026 que permitirá que Stellantis e a industria da cidade conten coa moi alta tensión eléctrica.
mércores, 17 abr 2024
O alcalde presentou este mércores as actividades organizadas polo Museo de Arte Contemporánea de Vigo para conmemorar o Día do Libro o próximo 23 de abril. Arrincan coa presentación hoxe das publicacións máis recentes das obras de 6 artistas que expuxeron as súas obras no museo, así como con dous encontros abertos ao público protagonizados por estes creadores.
mércores, 17 abr 2024
O alcalde de Vigo fixo entrega dos diplomas a un total de 31 deportistas promesas, dezaseis homes e quince mulleres, no último acto previo á Gala do Deporte de Vigo, que terá lugar este xoves no Teatro Afundación (20:00 horas, entrada gratuíta).
mércores, 17 abr 2024
Vigo convértese, do 23 ao 28 de xuño, na capital ibérica do coñecemento sobre a limnoloxía -ciencia que se encarga do estudo ecolóxico dos ambientes acuáticos continentais – coa participación de 350 expertos na XXII edición do congreso: “Ecosistemas acuáticos baixo ameaza: mellorar o noso coñecemento para mitigar os efectos do cambio global, promover a xestión adaptativa e involucrar aos cidadáns”.
mércores, 17 abr 2024
Con motivo do día Mundial da Hemofilia, as fontes da rúa Aragón iluminaranse de vermello este mércores 17 para concienciar á poboación sobre o significado da enfermidade e a necesidade de seguir investigando e compartir coñecementos para afrontar a doenza e mellorar a calidade de vida dos pacientes.