venres, 6 ago 2004
O concelleiro de Festas, Ignacio López-Chaves adiantou, en rolda de prensa, a actuación do cantante Diego Torres, que terá lugar o mércores 11 de agosto ás 22.00 horas. As entradas terán un precio de 6 euros, sen asento.
xoves, 5 ago 2004
O espectáculo, incluído na programación da XI Semana de teatro para nen@s, terá lugar o xoves ás 20.00 horas na praza da Estrela. "De viaje por Gloria Fuertes" presentará aos nen@s de 6 a 12 anos e público familiar a obra, ideas e palabras da poetisa madrileña. A entrada será gratuíta.
xoves, 5 ago 2004
O único punto ónde se poden adquirir os últimos tickets é na Central de Espectáculos de Vigo. Non se garantiza que se vendan na taquilla de Castrelos o día do concerto.
xoves, 5 ago 2004
Os films "Filth and the Fury", "Suite Habana", "Balseros", "Être et avoir" ou "Lens mains vides" serán os encargados de plasmar a realidade social na gran pantaia dende o 8 ao 12 de agosto na praza do Rei. A entrada será libre e as sesións comezarán ás 23.00 horas.
mércores, 4 ago 2004
A representación, incluída na XI Semana de teatro para nen@s, terá lugar o mércores ás 20.00 horas na praza da Estrela con entrada libre.
martes, 3 ago 2004
A compañía segoviana dará a coñecer o seu espectáculo para nenos e nenas de 6 a 11 anos e público familiar, o martes ás 20.00 horas na praza da Estrela. A entrada será libre.
luns, 2 ago 2004
Durante sete días os máis cativos poderán disfutar dunha programación do máis variado a cargo de compañías de gran calidade que presentarán en Vigo obras inéditas. A XI Semana de teatro, presentada o luns polo concelleiro de Festas, Ignacio López-Chaves, contará cun presuposto municipal de 20.000 euros.
venres, 30 xul 2004
O V Festival Internacional "Para Vigo me voy" botará o venres o telón de fondo ata o ano que ven. Os encargados de pechar este ciclo, incluído nas Festas do Cristo da Victoria, serán o venezolano Carlos Baute e o arxentino Coti. o concerto terá lugar ás 23.00 horas no auditorio de Castrelos. O prezo da entrada será de 6 euros, sen asento.
venres, 30 xul 2004
O ciclo de concertos celebrados ata a data no auditorio de Castrelos continúa sendo a actividade máis aclamada polos vigueses. Dende o pasado 19 de xullo Castrelos acolleu a un total de 80.000 persoas, superándose, tal e como se agardaba, tódalas expectativas.
venres, 30 xul 2004
Na xornada gastronómica, presentada o venres polo concelleiro de Festas, Ignacio López-Chaves, degustaranse 1.500 kilogramos de sardiñas e 450 de pan de millo. O precio de cada ducia de sardiñas con dou anacos de pan será de 4 euros. A festa comezará ás once da mañá e agarda contar cun aforo de 10.000 persoas.