A compañía de teatro madrileña "La pajarita de papel" presenta en Vigo "Escuela de payasos"
A representación, incluída na XI Semana de teatro para nen@s, terá lugar o mércores ás 20.00 horas na praza da Estrela con entrada libre.
"La Pajarita de Papel" é unha compañía madrileña que ten participado en numerosos festivais de teatro, non só en España senón tamén noutros puntos do mundo. Así destaca a súa intervención no Festival Internacional da UNESCO, no Festival Internacional de Teatro de Lima (Perú), no Festival Internacional de Teatro de Brescia (Italia), no Festival Internacional de Teatro El Cairo (Egipto) ou no Festival Internacional de Teatro de Necochea (Argentina).
En Vigo representarán "Escuela de payasos", unha obra dirixida aos cativos de tódalas idades. A obra ven ser unha metáfora sobre o ensino e a aprendizaxe e as conexións entre comedia e infancia.
Descargar todas as imaxes
En Vigo representarán "Escuela de payasos", unha obra dirixida aos cativos de tódalas idades. A obra ven ser unha metáfora sobre o ensino e a aprendizaxe e as conexións entre comedia e infancia.