Escoitar

O auditorio de Castrelos presenciará o vindeiro mércores os ritmos latinos de Diego Torres

O concelleiro de Festas, Ignacio López-Chaves adiantou, en rolda de prensa, a actuación do cantante Diego Torres, que terá lugar o mércores 11 de agosto ás 22.00 horas. As entradas terán un precio de 6 euros, sen asento.

venres, 6 ago 2004
1091793840diegotorres.jpg
Un polifacético Diego Torres descubrirá o vindeiro mércores o seu último traballo nun concerto sen igual que terá lugar no auditorio de Castrelos a partir das 22.00 horas.

Así, o MTV Unplugged amosará a reconversión acústica de moitos dos seus temas que compartirán escea coa presentación de novas propostas discográficas.

As entradas para o concerto de Vigo, incluído na súa xira por Galicia, poderán mercarse a través de CaixaGalicia ou na tenda Discogong por un precio de 6 euros.

Biografía
Diego Torres está considerado coma un dos pilares fundamentais do movemento pop latino de esta década. Un artista polifacético que comezou a súa particular vida musical co grupo "La Marca".

En 1991 achegouse ata a televisión protagonizando a serie "La banda de Goleen Rocket". En 1992 lanzou o seu primeiro disco como solista baixo o título de "Diego Torres", galardoado tres veces con Disco de Pratino. Dous anos máis tarde publica o seu segundo álbum "Tratar de estar mejor", que obtivo cinco Discos de Ouro e Pratino en moitos países; unha catapulta á esfera internacional.

Con "Luna Nueva", Disco de Ouro en 1996, comezou a recorrer América Latina, Estados Unidos e España. Os seus posteriores traballos "Tal cual es" e "Un mundo diferente" foron a antesala da grabación, en 2004, do MTV Unplugged.
Descargar todas as imaxes