Escoitar

O número de usuarios do bus turístico incrementouse nun 47 por cento con respecto ao ano pasado

As Oficinas de Información Turística atenderon en xullo a un total de 21.445 persoas, un 15% máis que o ano pasado, ao tempo que os hoteis de catro e tres estrelas experimentaron un crecemento de 12 e 5 puntos respectivamente gracias á celebración da Eurocopa de Fútbol no país veciño.

venres, 6 ago 2004
O bus turístico acolleu durante o mes de xullo a un total de 1.445 usuarios, o que supón un incremento do 47% respecto ao mesmo periodo do ano pasado no que o bus foi visitado por 986 turistas. Ademáis, os diversos servizos turísticos dependentes da Concello experimentaron un incremento do 15% ao atender a un total de 21.445 persoas, sendo de 18.628 en xullo do 2003.

En canto á tipoloxía de turismo na cidade, as estatísticas indican que un total de 16.787 foron turistas nacionais e 4.658 internacionais.

Por outra banda, a totalidade de turistas atendidos nas Oficinas de Información Turística durante o mes de xullo foi de 21.445 persoas atendidas. Cifra que supón un incremento dun 15% con respecto ao mesmo periodo do ano anterior. Deste xeito, a oficina de turismo de A Pedra situaríase en cabeza ao atender a preto de 5.000 turistas, seguida da de Príncipe con algo máis de 4.000 persoas atendidas, Samil con 3.001 , praza de España, que atendeu a uns 3.000 turistas, praza do Rei con 2.649, Travesas con preto de 2.500 e o servizo de información do bus turístico no que se atendeu a un total de 1.445 turistas.

No caso dos hoteis, as cifras sinalan un notable incremento nos índices de ocupación dos hoteis de catro e tres estrelas da cidade. A ocupación media no mes de xullo dos hoteis de tres estrelas experimentou un incremento de cinco puntos, sendo de doce para os hoteis de catro estrelas, con respecto ao mesmo periodo do 2003.

Pola súa parte, os hoteleiros confirman que os incrementos da ocupación hoteleira en Vigo debéronse, fundamentalmente, á celebración da Eurocopa de Fútbol 2004 en Portugal, xa que moitas das reservas foron formalizadas por holandeses e daneses.