Escoitar

Aprobación inicial da modificación puntual do plan parcial de Navia<br /> (Expte. 7849/411)

Aprobada na sesión ordinaria do 19 de xullo de 2004 da Xunta de Goberno Local.

venres, 6 ago 2004
A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria do 19 de xullo de 2004, adoptou entreoutros o seguinte acordo:

"Primeiro.- Aprobar inicialmente a MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DE NAVIA (expediente 7849/411) solicitada polo XESTUR PONTEVEDRA o 23 de abril de 2004, segundo a documentación redactada pola entidade ALAMEDA 12 S.L., asinada polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Don Benito Fernández, con data de Febreiro de 2.004.

Segundo .- O acordo de aprobación inicial determinará, por si só, a suspensión do procedemento do outorgamento de licencias nos ámbitos do territorio obxecto desta modificación de planeamento nos que as novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente (artigo 77.2 LOUGA). Non obstante, poderán concederse licencias basadas no réxime vixente, sempre que se respeten as determinacións do novo planeamento (artigo 120. 1 RPU).

Terceiro.- Correxidas que sexa a contradicción observada entre o número de prazas de aparcamento que se citan no punto 2.3.3. da memoria e o que figura nos cadros da mesma, sométase o expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, de acordo co disposto no artigo 86.1 da LOUGA, mediante anuncio que se publicará no DOG e en dous xornais de maior circulación da provincia, debendo publicarse o anuncio, neste último caso, en cada xornal, en dous días consecutivos, con notificación individualizada a tódolos propietarios do ámbito."

Sométese o presente expediente ao trámite de información pública polo prazo DUN MES, mediante pubiciación no DOG, e en dous xornais de maior difusión da provincia; neste último caso, o anuncio deberá publicarse en dous días consecutivos. O prazo de exposición pública entenderase aberto dende a primeira publicación ata o remate do mes contado dende o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente atópase ao dispor do público en xeral na Oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos e todas aqueles/as interesados/as directamente afectados/as que por resultar descoñecidos/as ou por ignorar o seu domicilio non poidan ser notificados/as persoalmente.