Escoitar

A XI Semana de Teatro para nen@s pechará o domingo as súas portas ata o ano que ven

A compañía Combinats, Xirriquiteula e a madrileña Tritea serán as encargadas de poñer fin a esta semana de teatro dirixido aos máis cativos. As actuacións terán lugar ás 20.00 horas na praza da Estrela con entrada libre.

venres, 6 ago 2004
1091779589combinats.jpg
Combinats (Valencia)
A Semana de Teatro para nen@s chega xa a súa fin. Trala representación dun total de catro obras, o ciclo despídese dos máis pequenos da casa coa posta en escea de "Palabras en los bolsillos", "Papirus" e "El ladrón de poemas", que correrán a cargo daas compañias Combinats, de Valencia, Xirriquiteula, de Barcelona e Tritea, de Madrid.

Combinats
Nace esta compañía no verán de 1997, cando empeza a preparar o que sería o seu primeiro espectáculo. Estimase que ao longo da súa traxectoria os traballos de Combinats teñen sido vistos por máis de 180.000 persoas.

"Palabras en los bolsillos" é unha obra dirixida aos máis cativos. Xogando con pequenas historias da cucaracha Bárbara que quere cambiar de nome porque non se topa a gusto co que ten, da galiña Agustina que cada noite marcha de festa á feira ou de Pepa, a curmá pequena de Pepe, a compañía valenciana pretende achegar aos rapaces os nomes, os números e as cores. Son, en suma, tres pequenas historias pedagóxicas, cheas de imaxinación e de humor.

Xirriquiteula
A compañía nace en Badalona no ano 1985, facendo o salto á profesionalidade da man da directora e escritora Armonía Rodríguez, coa montaxe dos "Cuentos de Grima" no ano 1991. Durante preto de 20 anos de andadura ten creado e producido espectáculos tanto para a rúa como nos escenarios, pensando sempre en tódolos públicos.

"Papirus" foi estreada en abril deste mesmo ano no Teatro Zorrilla de Badalona. Nun espacio valeiro aparecen dúas personaxes sen tempo. Dúas personaxes que comezan unha relación que as vai levar a recordar un terrible pasado marcado pola guerra, para construir –literalmente- un novo mundo.

Utilizando básicamente papel, os xestos e a imaxinación, faránnos partícipes durante unha hora dos seus sonos, medos e desexos. Esta obra é unha proposta de teatro xestual, sin texto, que se caracteriza polo humor e a tenrura que as personaxes nos van a transmitir.

Tritea
A compañía Tritea é a continuación dun proxecto que xurdiu a finais dos 70 co obxecto de facer un teatro alternativo de calidade. Nestes inicios, e debido á falta de espacios teatrais formou parte de toda unha promoción de teatro de rúa e de animación. Dende aquelas datas a labor didáctica ven sendo unha constante no grupo.

A acción de "El ladrón de poemas" comeza cando un pícaro ladrón rouballe a "la Barda" os poemas que está repasando tranquilamente xunto ao mar. A nosa heroína decide ir polo mundo a visitar a varios poetas e pedirlles novos versos.

Con esta obra a compañía pretende achegar a poesía e o mundo da literatura aos máis cativos, amosándolles a moitos grandes poetas como León Felipe, Rafael Alberti, García Lorca, Gloria Fuertes, Miguel Hernández….
Descargar todas as imaxes