Escoitar

David Bisbal presentará o sábado o seu último traballo ante un auditorio de Castrelos abarrotado

O almeriense ofrecerá en Vigo un espectáculo adaptado ás peculiaridades de Castrelos que dará comezo ás 23.00 horas e para o que xa se está a colgar o cartel de "non hai entradas".

venres, 6 ago 2004
1091778028bisbi.jpg
O auditorio de Castrelos acollerá o sábado, 7 de agosto, un novo concerto da xira española 2004 do cantante David Bisbal. O artista almeriense ofrecerá un espectáculo de talla internacional que deberá ser adaptado ás peculiaridades de Castrelos debido á envergadura da montaxe.

Bisbal é, ata o de agora, o único artista capaz de colgar en Castrelos o cartel de "non hai entradas". A mediodía de hoxe venres, quedaban unhas 400 entradas á venda na Central de Espectáculos de Vigo, único punto onde se poden adquirir, ao esgotarse os outros puntos de venda, polo que é máis que probable que non se poñan entradas á venda na taquilla do parque.

O cantante iniciou a súa xira o pasado mes de maio e percorrerá 80 cidades españolas para no 2005 viaxar a Latinoamérica.

Bisbal chegará mañá a Vigo procedente de Ferrol, ónde esta noite actúa no campo de fútbol de A Gándara da cidade departamental.

Os requerimentos á organización para asistir ao cantante son máis ben breves, e consisten en fiambres variados, zumes, refrescos e cervexas, moi alonxado das peticións de outros artistas.

Biografía
David Bisbal (1979, Almería) presentouse un día ao casting para seleccionar o cantante do grupo "Orquesta Expresiones", e obtivo o traballo. Actuaban en festas populares, de vila en vila… ata que chega a súa grande oportunidade de participar en Operación Triunfo, chegando a final e converténdose nun dos seus gañadores con Rosa e David Bustamante.

Bisbal soubo aproveitar o tirón promocional que supuxo o programa e tense convertido no "triunfito" que ten vendido máis copias dos seus traballos. Sete discos de platino e un millón de discos avalan o seu tremendo éxito e sintonía co público, non só español, senón a nivel mundial. A clave deste éxito estriba no carisma do cantante, que verte unha forza arrolladora enriba do escenario.

O seu primeiro disco, "Corazón Latino", foi realizado en Miami coa producción de Kike Santander, o mesmo que produce os discos de Luis Miguel. En febreiro deste mesmo ano Bisbal publica o seu segundo álbum titulado "Bulería", un traballo que ven precedido por varios premios ao seu anterior disco.

Bisbal, ademáis de ter acadado un Disco de Diamante (1 millón de discos), 2 Discos de Pratino e 8 Discos de Ouro polas vendas millonarias do seu álbum de debú, "Corazón Latino", e de ter acadado o posto número 1 nas listas de éxitos de España e EEUU (Greatest Gainer de Hot Latin Tracks), tamén conta no seu palmarés cuhna longa lista de premios nacionais e internacionais entre os que destacan:

1- Grammy Latino 2003 ao Millor Artista Revelación
2- World Music Award 2003 ao Millor Artista Latino do Mundo
3- Premio Ondas 2002 ao Millor Álbum
4- Dous Premios Tu Música de Puerto Rico
5- Premio Artista Revelación Internacional nos Premios TV e Novelas de México
6- Premio Lanzamento Musical Máis Prometedor do Ano do canal de vídeos Ritmosón Latino
7- Premio Billboard ao millor álbum pop latino 2004.
Descargar todas as imaxes