Escoitar

Valadares celebrará o vindeiro domingo a tradicional Festa do Polbo

A xornada gastronómica, presentada en rolda de prensa polo concelleiro de Festas, Ignacio López Chaves, terá lugar o domingo 8 de agosto no Monte dos Pozos a partir das 10.30 horas.

venres, 6 ago 2004
1091787781polbo.jpg
O Monte dos Pozos acollerá o vindeiro domingo a XV edición da Festa do Polbo que dará comezo ás 10.30 horas para pechar as súas portas preto das 22.00 horas.

Baixo un presuposto municipal de 9.000 euros, a organización prevé repartir arredor de 2.000 racións de polbo á feira que preparará a pulpería de O Carballiño.

As racións poranse á venda a un precio de 6 euros e ademáis do polbo, prepararanse 800 kilos de sardiñas, todo elo acompañado por 500 kilogramos de pan de millo e 300 barras de pan de trigo, que virán regadas por viños de calidade excepcional coma os da D. O. Ribeira Sacra.

E para amenizar a festa haberá dende grupos de música nacionais e extranxeiros ata actividades para os máis cativos coma o parque de diversións "Lagolandia" que abrirá as súas portas ás 12.00 horas ou a festa da escuma que terá lugar ás 20.15 horas.

O Centro Veciñal e Cultural de Valadares celebrará, ademáis, a XVI edición da Festa do Veciño e a XXIII edición da Festa do Socio, polo que o Monte dos Pozos vivirá unha xornada festiva multipricada por tres. E para os amantes da música, do 11 ao 15 de agosto, o monte dará a benvida á XI edición do "Revoltallo" de música emerxente.
Descargar todas as imaxes