Escoitar

Xunta de Goberno Local

A Xunta de Goberno Local reunirase para realizar sesión ordinaria na súa Sala o vindeiro 9 de agosto de 2004, ás 8.00 horas en primeira convocatoria e ás 9.00 horas en segunda, para resolver un total de 34 asuntos.

venres, 6 ago 2004
ORDE DO DÍA:

1.- Actas das sesións ordinarias do 28 de xuño, 5 e 12 de xullo de 2004.

BENESTAR SOCIAL
2.- Prestación do Servizo de axuda no fogar. Alta exptes: 5/2091, 13/30845, 11/0, 41/30358, 41/5878, 41/0, 5/30938 e 30/324 de 301.

3.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Asociación Síndrome de Down de Pontevedra. Expte. 10962/301.

DEPORTES
4.- Proxecto de convenio entre o Concello de Vigo e o Club Náutico de Vigo para a celebración da 41 Regata Internacional Rías Baixas de cruceiros do día 12 ó 16 de agosto. Expte. 4666/333.

5.- Subvencións a entidades deportivas para a organización de eventos deportivos durante o ano 2004. Expte. 4290/333.

FESTAS E ANIMACIÓN SOCIO-CULTURAL
6.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Festas e Animación Sociocultural durante o mes de xullo de 2004. Expte. 1153/335.

7.- Autorización da cesión do Auditorio de Castrelos á empresa Dibeka Music S.L. para realización de espectáculo musical. Expte. 1152/335.

8.- Autorización da cesión do Auditorio de Castrelos á empresa Radio Vigo para a realización do espectáculo musical. Expte. 1150/335.

9.- Autorización da cesión do Auditorio de Castrelos á empresa Ymax Producciones S.L. para a realización de espectáculo musical do Xacobeo 2004. Expte. 1154/335.

MOBILIDADE E SEGURIDADE
10.- Solicitude de autorización para a celebración das festas de San Roque os días do 15 ó 18 de agosto de 2003. Expte. 69920/210.

11.- Solicitude de cambio de datas da autorización para celebración das festas de San Miguel en Oia concedida en Xunta de Goberno de 31.05.04. Expte. 69931/210.

12.- Solicitude de autorización para a celebración dunha festa infantil no Parque de Castrelos o día 24 de agosto. Expte. 69888/2004.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
13.- Modificación do contrato de conseción do Servizo público regular do transporte urbano colectivo de viaxeiros en autobús de uso xeral de Vigo, co obxecto da prestación do servizo de bus turístico de Vigo. Expte. 1421/104.

14.- Devolución de fianzas:
a) Mobiser Equipamientos. Expte. 280/241.
b) Puentes y Calzadas Empresa Constructora S.A. – Cymel S.L. (UTE). Expte. 282/241.

15.- Reclamación de danos:
a) D. Joaquín Veloso García. Expte. 15939/240. Estimada.
b) D. Pablo Calviño Vázquez. Expte. 16505/240. Responsable Cespa S.A.

16.- Autorización á empresa Limpezas del Noroeste S.A. para a subcontratación da limpeza de cristais das planta 10 e 11 da Casa do Concello. Expte. 16969/240.

17.- Revisión de prezos do contrato de Atención ó Público no Verbum-Casa das Palabras adxudicado á empresa Servicios Securitas S.A. Expte. 8349/331.

18.- Adxudicación do concurso para a contratación dos servicios de Atención Cidadá do teléfono 010 do Concello de Vigo. Expte. 420/321.

19.- Contrato de arrendamento do local do edificio Asefal e indemnización substitutiva en concepto de aluger e gastos do local adebedados. Expte. 17019/240.

20.- Adxudicación do concurso para a montaxe e desmontaxe de palcal e plataformas. Expte. 41014/250.

21.- Solicitude de D. Saturno Rodríguez Blanco de exclusión do acceso á finca nº 3 do cño. Ribeiro-Cabral do Inventario de Viais Públicos municipais. Desestimada. Expte. 15387/240.

22.- Solicitude de D. José Carlos Davila Fernández de rectificación de datos de titularidade pública do ramal 1 do cño. Lugar de Arriba en Bembrive. Desestimada. Expte. 16916/240

23.- Solicitude de Dª Cristina Pérez Abalde de desafección do camiño Lagos r-1, en Segade. Desestimada. Expte. 15762/240.

24.- Solicitude de Dª Ana Caride Graña de desafección do ramal 1 do camiño do Recordo do Inventario de Vías Públicos municipais. Desestimada. Expte. 14676/240.

25.- Solicitude de D. Antonio Martínez Pérez de desafección do cño. Roteas de Arriba- R1, Sampaio. Expte. 12222/240.

26.- Solicitude á Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia en relación coa revogación das axudas outorgadas para danos causados polos temporais durante os anos 2000-2001. Expte. 17014/240.

URBANISMO
27.- Recepción das obras do paso inferior da Travesía de Vigo e intersección coa rúa Aragón. Expte. 4533/401.

VIAS E OBRAS
28.- Expediente de contratación da subministración de diverso material eléctrico para o Concello de Vigo. Expte. 10917/444.

29.- Expediente de contratación da subministración de áridos para o Concello de Vigo. Expte. 41350/250.

30.- Expediente de contratación da subministración de formigóns para o Concello de Vigo. Expte. 41346/250.

31.- Expediente de contratación da subministración de materiais de construcción para o Concello de Vigo. Expte. 41373/250.

32.- Expediente de contratación da subministración de materiais de ferretería para o Concello de Vigo. Expte. 41388/250.

XESTIÓN MUNICIPAL
33.- Gastos de locomoción do persoal municipal para incluir na nómina de agosto.

34.- Rogos e preguntas.