Escoitar

Aprobación inicial do estudio de detalle da rúa Tomás A. Alonso, 190<br /> (Expte. 8451/411)

Aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local na súa sesión de pasado 19 de xullo de 2004.

venres, 6 ago 2004
A Xunta de Goberno Local na súa sesión do 19 de xullo de 2004 acordou entreoutros aprobar inicialmente o estudio de detalle de ordenación de volumes na parcela do número 190 da rúa Tomás Alonso, presentado pola entidade mercantil Belesar Promociones y Poryectos inmobiliarios S.L, sendo a actual propietaria a entidade Construcciones Armesto e Hijos S.L según proxecto redactado pola arquitecta Mónica López Corcoba en abril de 2003 e xaneiro de 2004, visado polo Colexio profesional o 13 de xuño de 2003 e 26 de xaneiro de 2004.

Sométese o presente expediente ó trámite de información pública polo prazo DE VINTE DIAS, mediante publiciación no DOG, e nun xornal dos de maior difusión da provincia. O prazo de exposición pública entenderase aberto dende a primeira publicación ata o remate dos vinte días contados dende o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente atópase ao dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro, para todos e todas aqueles/as interesados/as directamente afectados/as que por resultar descoñecidos/as ou por ignora-lo seu domicilio non poidan ser notificados/as persoalmente.