Escoitar

Últimas entradas á venda para o concerto de Bisbal en Vigo

O único punto ónde se poden adquirir os últimos tickets é na Central de Espectáculos de Vigo. Non se garantiza que se vendan na taquilla de Castrelos o día do concerto.

xoves, 5 ago 2004
Castrelos vibrará con David Bisbal o vindeiro sábado en Castrelos, garantindo un cheo absoluto. A venda de entradas chega ao 80 por cento do aforo e xa se esgotaron no canle serviticket de La Caixa.

Nestes intres, as últimas entradas, unhas 900, sobre un total de 4.000, que se puxeron á venda, pódense adquirir na Central de Espectáculos de Vigo, na rúa Velázquez Moreno, 26.

Dada a forte demanda, a organización non pode garantir que se poñan entradas á venda o día do concierto nas taquillas de Castrelos, polo que recomenda ás personas interesadas en asistir ao mesmo, merquen as súas entradas o antes posible.

O concerto de Bisbal en Vigo está incluido no programa de "Festas do Cristo da Victoria, 2004", que organiza a concellería de Festas e Animación Socio-Cultural do Concello de Vigo. A actuación do cantante almeriense dará comezo ás 11 da noite no Auditorio de Castrelos, o sábado 7 de agosto. O prezo das entradas é de 12 euros.