Escoitar

A Regata Rías Baixas-Martín Códax de Cruceiros acollerá a un total de 110 barcos con preto dun millar de tripulantes a bordo

A Regata, presentada o xoves no Real Clube Náutico de Vigo, celebrará a súa 41ª edición do 12 ao 16 de agosto e contará con novos e atractivos premios para os 110 barcos participantes.

xoves, 5 ago 2004
A 41ª edición da Regata Rías Baixas-Martín Códax de Cruceiros que terá lugar do 12 ao 16 de agosto, limitará un ano máis a súa participación, contando nesta ocasión cun total de 110 embarcacións.

Os portos de Sanxenxo, Aguete, A Pobra do Caramiñal e Ribeira serán os protagonistas desta tradicional regata estival que iniciará e rematará a súa singladura no porto de Vigo.

Do mesmo modo que na pasada edición, a regata contará cun vencedor absoluto, mentras que o IMS será o exclusivo sistema de compensación de tempos, con tres divisións: a IMS Regata, IMS Cruceiro/Regata e a IMS Cruceiro, que englobarán aos grupos especiales da Federación Galega para puntuar na Copa Galicia de Clubes, para a que é puntuable esta regata que normalmente se converte en definitiva para a clasificación pola alta puntuación que conleva.

En canto ao ritmo de inscricións, cabe dicir que ata hoxe é moi alto xa que a falta de sete días para o comezo do evento, o Real Clube Náutico xa ten confirmada a inscrición de 70 embarcacións procedentes dos principais clubes do Cantábrico, Galicia e Portugal.

Os participantes
A Regata Rías Baixas de Cruceiros acollerá a unha grande representación de unidades do País Vasco con barcos como os First 40.7 "Sympohny" de Javier Onaindía, "Portu" de Pello Basurko e o X412 "Garabato" de Javier Chavarri.

Pola parte portuguesa destaca o B&C 41 (ex Forum Filatélico) "Quebramar-Chrysler" do Club Náutico de Cascaes, que ven expresamente de disputar a Copa do Rei. Xunto a él estarán os tamén competitivos One Design "Mariam" e "Milaneza", ademáis do 40.7 "Star of Quebramar".

En canto á flota galega, haberá unidades de saída de tódolos clubes da comunidade, entre os que destacan o novo 44.7 "Ourense con outra mirada" e o Vrölijk 37 da última xeración, "Vento". Outros participantes na regata serán o "Marka", "Pairo XI", "Castrosua-Carsa", "Txole", "Starfighter", "Eiroa", "Cidade de Ferrol", "Alicia", "Salseiro", "Aldán", "Portocaro II", "Meigas fora", "Berlinguiño" ademáis de outros modelos coma o "SS Correo Gallego", "Carburantes Acibro", "Etea" e os pequenos "Zaleiro", "Optima", "Rías Baixas" e "Carolina".

Os premios
Na clasificación xeral final entregaráselle o "Trofeo Martín Códax" ao vencedor absoluto da clasificación global IMS conxunta. O "Gran Premio Portos de Galicia" recaerá na persoa do vencedor absoluto de IMS Regata. Pola súa parte o gañador en IMS Cruceiro/Regata recibirá o "Trofeo Xunta de Galicia-Turismo e o "Trofeo Excmª. Deputación de Pontevedra" ao vencedor no IMS Cruceiro. Os catro anteriores recibirán tamén un reloxo da firma Raymond Weil. Ademáis, haberá unha chea de premios especiais para os demáis clasificados.

Máis información