Escoitar

O Ciclo de Cine ao Aire Libre traerá ata a praza do Rei recoñecidos documentais en versión orixinal e subtitulados

Os films "Filth and the Fury", "Suite Habana", "Balseros", "Être et avoir" ou "Lens mains vides" serán os encargados de plasmar a realidade social na gran pantaia dende o 8 ao 12 de agosto na praza do Rei. A entrada será libre e as sesións comezarán ás 23.00 horas.

xoves, 5 ago 2004
1091708174cineairelibr.jpg
A praza do Rei acollerá dende o 8 e ata o 12 de agosto un novo Ciclo de Cine ao Aire Libre, que terá lugar ás 23.00 horas con entrada libre.

Segundo o concelleiro de Festas, Ignacio López-Chaves, o Ciclo, incluído na programación das Festas do Cristo da Victoria 2004, "supón a visión de recentes produccións documentais recoñecidas a nivel internacional e de difícil acceso ao público xeral".

Así, os que se acheguen ata a praza do Rei poderán disfrutar dun total de cinco films en versión orixinal e subtitulados, tales como "Filth and the Fury", "Suite Habana", "Balseros", "Être et avoir" ou "Lens mains vides". Unha forma de plasmar a realidade social a través da gran pantaia.

Segundo Fran Estévez, coordinador do evento, "o ciclo achega a idea da necesidade que ten o noso país de acoller salas adicadas á filmación de películas en versión orixinal".

Con todo, a praza do Rei tentará transmitir aos presentes esa mensaxe e se o tempo non acompaña levarase o Ciclo ata o auditorio municipal.
Descargar todas as imaxes