Escoitar

A praza da Estrela será a protagonista do I Festival de Monicreques "Titirirúa"

O Festival correrá a cargo dun total de sete compañías de gran calidade dende o vindeiro luns 9 de agosto ata o domingo 15 ás 20.00 horas na praza da Estrela. A entrada será libre.

venres, 6 ago 2004
1091789126titeres.jpg
O concelleiro de Festas, Ignacio López Chaves, presentou o venres, en rolda de prensa, outra das novidades incluídas na programación das Festas do Cristo da Victoria 2004.

Así, o Festival de Monicreques "Titirirúa", acollerá do 9 ao 15 de agosto a un total de sete compañías de gran calidade que presentarán na praza da Estrela os seus espectáculos de títeres para os máis cativos.

O Festival nace como complemento á amplia oferta infantil contemprada este ano nas Festas de Vigo, na que o mes de agosto ten uns destinatarios moi concretos: os nenos.

Desta maneira, o vindeiro luns o Festival de Monicreques tomará o relevo á Semana de teatro para nen@s, que dirá adeus o domingo ata o ano que ven.

"Cuentos sonantes y títeres", "La isla del tesoro", "El sastrecillo valiente", "Colorín, colorado", "A sorprendente historia do benfadado Mourellas", "Animalitos" e "Babalapa" serán os títulos das actuacións que se levarán a cabo na praza da Estrela a semana que ven a partires das 20.00 horas. E se chove, o festival terá lugar no Auditorio Municipal.
Descargar todas as imaxes