O documental "The Filth and the Fury" abrirá o domingo o Ciclo de Cine ao Aire Libre
O film, dirixido por Julien Temple, proxectarase en versión orixinal en inglés, subtitulada en castelán, ás 23.00 horas na praza do Rei. A entrada será libre.
Entrevistas, material de arquivo, anécdotas, gravacións de concertos e incluso unha conversa inédita con Sid Vicius en 1978, pouco antes de morrer como consecuencia dunha sobredosis de heroína, é o material utilizado por este documental sobre o famoso grupo punk Sex Pistols.
Na banda sonora póderase escoitar música de David Bowie, The Who, Alice Cooper, New York Dolls, Brian Ferry, Queen ou Roxy Music.
O filme logrou o premio ao mellor documental concedido polos críticos de Chicago e presentouse aos festivais de cine de Sundance e de Berlín.
Descargar todas as imaxes